TURISMO
O Concello presenta un Código de Boas Prácticas para potenciar un turismo consciente en Compostela
O Código de Boas Prácticas ofrece unha serie de recomendacións para que as persoas que visiten Santiago respecten tanto o patrimonio como a veciñanza do concello.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica as actividades de teatro dos centros socioculturais a Talía Teatro por preto de 85.000 euros
O executivo municipal deu luz verde á adxudicación do contrato que ten por obxecto o servizo de "teatro de barrio" nos centros socioculturais do Concello de Santiago a PRODUCIÓNS TEATRAIS TALÍA SL, cun orzamento de 84.465,02 €. Tamén se acordou manter os prezos públicos e os reducidos nas actividades da rede de CSC para o curso 2023/24, cuxa programación será anunciada nas vindeiras semanas. De todos os asuntos deu conta en rolda de prensa a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.
FESTAS
Santiago e Padrón renovan os seus fortes vencellos un Apóstolo máis
As festas do Apóstolo celebraron este luns o tradicional Día de Padrón en Santiago, no que as dúas vilas reforzan os seus fortes lazos de irmandade. Así sucede tamén, á inversa, na Pascua padronesa.