FESTAS

Os Fogos do Apóstolo iluminarán o ceo compostelán as noites do 24 e o 31

21/07/2023

Por cuarto ano consecutivo, o espectáculo pirotécnico das Festas do Apóstolo do 24 de xullo lanzarase de xeito sincronizado desde cinco localizacións co fin de facilitar o seu visionado desde prácticamente todos os puntos de Santiago. Nesta ocasión a empresa adxudicataria do contrato é a catalana Pirotecnia Igual por un importe total de 229.900 euros (IVE incluído).

Ler máis

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

Asinados convenios con oito entidades sociais por máis de 200.000 euros

21/07/2023

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais asinou hoxe convenios anuais con oito entidades sociais por un importe total de máis de 200.000 euros. María Rozas loubou o traballo destas asociacións e expresou a vontade do Goberno de manter a colaboración e explorar posibles novas liñas de traballo con elas, "porque son imprescindibles para avanzar cara unha Compostela de maior xustiza social e porque chegan a onde ainda non chegan as administracións públicas na atención á
poboación máis vulnerable".

Ler máis
Compartir: