POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello súmase á celebración do Día Internacional do Pobo Xitano

10/04/2023

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, acompañados por Eva Vera, directora territorial do FSG Galicia, e representantes dos demais grupos municipais, participaron esta mañá no acto de conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano, que tivo lugar o pasado 8 de abril. Durante o acto deuse lectura a un manifesto e tamén se levou a cabo a Cerimonia do río e o canto do himno Gelem, Gelem, símbolos deste colectivo.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno local dá luz verde á memoria programática e económica do Certame de Teatro Intercentros 2023

10/04/2023

A Xunta de Goberno Local aprobou a memoria programática e económica por importe de 9.021,68 euros, do "XXVII Certame de Teatro Intercentros 2023". Trátase dun programa da Concellaría de Educación, destinado a alumnado de primaria e secundaria da comarca de Santiago, que coincide no tempo co curso escolar. De outubro a abril prepáranse as distintas obras, que se presentan ao público no mes de maio.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Aprobado o proxecto de regulamento do Consello Municipal da cidade histórica

10/04/2023

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o proxecto de Regulamento do Consello Municipal da Cidade Histórica. Dito Consello é un órgano colexiado de participación para a consulta, asesoramento, proposta e seguimento das accións encamiñadas á conservación patrimonial, promoción e representación dos intereses colectivos das persoas que residen na zona vella.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de acondicionamento do segundo tramo da Vía Verde de oito quilómetros de lonxitude

10/04/2023

A Xunta de Goberno aprobou hoxe o proxecto construtivo da obra de acondicionamento do trazado de ferrocarril en desuso Santiago de Compostela Cerceda para uso como Vía Verde de Compostela-Tambre-Lengüelle / Tramo 2 (t.m. de Santiago de Compostela), cunha lonxitude total a acondicionar de 8.015 metros e un investimento previsto, segundo o proxecto, de 1.023.407,8 euros.

Ler máis
Compartir: