POLÍTICAS SOCIAIS E DIVERSIDADE
A Alameda, escenario este domingo da cuarta edición do Festival Intercultural
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, presentou esta mañá, acompañada do presidente da Plataforma polo Emprego, Miguel Fernández, e de Nidia Aquino, do Colectivo Paraguay, a cuarta edición do Festival Intercultural, que se celebrará este domingo na Alameda.
TURISMO
A Galería Sargadelos acolle a mostra "O Camiño Urbano, a natureza no km cero"
A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a comisaria do proxecto, Gemma Sesar, inauguraron a exposición O Camiño Urbano, a natureza no km cero", que se pode ver na Galería Sargadelos ata o 15 de outubro. A exposición é resultado do traballo de catro ilustradoras que estiveron en Santiago do 30 de maio ao 3 de xuño debuxando os parques, xardíns e contornas naturais das entradas do Camiño de Santiago na cidade.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar os asasinatos machistas de dúas mulleres este xoves en Zaragoza.
ACCIÓN CULTURAL
Visitas guiadas e conferencias para redescubrir Santiago de Compostela na Semana do Patrimonio Invisible
A Concellaría de Acción Cultural impulsa a celebración da Semana do Patrimonio Invisible, unha iniciativa que nos permitirá "redescubrir Santiago a través das visitas guiadas a sete espazos que non forman parte dos circuítos habituais". As actividades serán dende o xoves 13 ata o martes 18 de setembro. O día 15, Santiago celebrará a Noite do Patrimonio, unha iniciativa conxunta do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade para conmemorar o seu 25 aniversario e máis o Ano Europeo do Patrimonio Cultural.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobadas as bases das subvencións para a mobilización de vivenda baleira en alugueiro
A Xunta de Goberno aprobou hoxe as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a mobilización de vivendas en alugueiro. Trátase dunha liña de axudas que teñen un dobre obxectivo: "facilitar o acceso a unha vivenda digna a aquelas persoas que teñen necesidade, e poñer en valor a cidade construída, evitando a proliferación de vivendas baleiras ou destinadas de xeito irregular ao uso turístico".
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno municipal reinicia a licitación do tractor-rozador vinculado aos Orzamentos Participativos
A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar un novo procedemento de adxudicación para o subministro dun tractor rozador, unha das actuacións elixidas pola cidadanía no proceso de Orzamentos Participativos Compostela Decide. O vehículo conta cun tipo de licitación de 120.000 euros, IVE incluído.
ALCALDÍA
O alcalde compostelán solicita unha reunión co presidente da Xunta para repasar cuestións pendentes na cidade
O alcalde vén de remitirlle unha carta ao presidente da Xunta para solicitarlle a celebración dunha xuntanza "na que facer balance da relación institucional entre Concello de Santiago e Goberno galego, e na que repasar os asuntos que lle afectan á Compostela e que son competencia autonómica". Martiño Noriega lembrou que o seu último encontro con Alberto Núñez Feijóo foi en marzo de 2017, "ao pouco de iniciarse a lexislatura galega, e cremos que toca analizar as cuestións pendentes e aquelas nas que se...
CAMIÑO
Santiago e outros oito concellos promocionan oficialidade do Camiño Inglés da man da regata La Solitaire Urgo Le Figaro
Os regatistas de La Solitaire Urgo Le Figaro peregrinaron esta tarde a Santiago de Compostela dende a ría de Muros-Noia. A Catedral converteuse así no escenario da foto oficial da segunda etapa desta proba, que serviu de acto promocional da oficialidade do Camiño Inglés.