POLÍTICAS SOCIAIS
Área Central acolle unha nova edición do mercadiño solidario "Trócame-Roque"
A rede comunitaria de Fontiñas vén organizando dende o 2013 o mercadiño solidario Trócame-Roque, que este ano celebra a súa sexta edición cunha xornada chea de actividades que terá lugar o 1 de xuño en Área Central. A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, deu conta dos detalles deste mercado acompañada de representantes dos colectivos implicados.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Certame de Danza Intercentros encheu un ano máis o Auditorio de Galicia
O Auditorio de Galicia acolleu este domingo o XIII Certame de Danza Intercentros, Compostela en Danza, organizado pola Concellaría de Educación e Cidadanía. As familias das bailarinas e bailaríns participantes encheron o recinto para contemplar o froito do traballo escolar realizado ao longo do curso nesta disciplina artística. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, tampouco se quixo perder o certame.
IGUALDADE E MEDIO RURAL
Preto de 50 mulleres participaron nos obradoiros de empoderamento do rural
As parroquias de Busto, Lavacolla, Laraño, Aríns e Santa Cristina de Fecha acolleron durante os meses de marzo, abril e maio varias sesións do programa Vida Propia, posto en marcha en 2016 pola Concellaría de Igualdade en colaboración coa de Medio Rural para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.
TURISMO
Santiago e A Coruña propoñen constituír un ente específico para captar rutas aeroportuarias
A concelleira e o concelleiro de Turismo de Santiago e A Coruña, Marta Lois e Alberto Lema, proporanlle á Xunta de Galicia unha posible solución para mellorar a coordinación dos tres aeroportos galegos, proposta que trasladarán de forma conxunta á Administración autonómica e a Aena na vindeira xuntanza do Comité de Rutas, prevista para este xoves en Santiago.