MERCADOS
O mercado de Salgueiriños acolle unha nova edición do programa de dinamización "Efecto Proximidade"
A concelleira de Mercados, Noa Morales, visitou este xoves as actividades do programa Efecto Proximidade que se levaron a cabo durante durante a mañá no mercado de Salgueiriños. Trátase dunha acción posta en marcha en 2015 no marco do proxecto Compostela Móvese.
NADAL
A cociña internacional destas datas e os paseos por Compostela, na axenda de Nadal deste venres
Dúas son as actividades principais da programación de Nadal o venres 29 de decembro. Por unha banda, a Cociña Internacional de Nadal, e pola outra, os Paseos de Nadal por Compostela. Ademais, continúan as visitas do Apalpador polos centros socioculturais e os xogos tradicionais na praza Roxa chegan á súa última xornada.
ALCALDÍA
Admitida a trámite a demanda contra Carmen Franco para esixir a devolución das esculturas do Mestre Mateo
O Xulgado de Primeira Instancia nº 41 de Madrid vén de admitir a trámite a demanda civil presentada polo Concello de Santiago contra Carmen Franco, para esixir a devolución das figuras de Abraham e Isaac, obras do Mestre Mateo que están en posesión da herdeira do ditador. No escrito, o xuíz empraza á demandada a contestar no prazo de vinte días hábiles. Contra a resolución cabe recurso de reposición no prazo de cinco días, pero a súa interposición non terá efectos suspensivos.