DEPORTES
Todo listo para a Ruta Ponte Mantible-Vite, a cuarta proba do VI Circuíto CorreSan
O Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan celebra este sábado 2 de decembro a súa cuarta proba, a Ponte Mantible-Vite, cun percorrido pola zona de Vite e Salgueiriños. Xa hai máis de 600 atletas inscritos/as nas categorías de adultos e escolares.
LINGUA
O proxecto Youtubeir@s volverá inzar a rede de vídeos en galego
O Proxecto Youtubeir@s, organizado polos servizos de normalización lingüística de nove concellos, polas tres universidades e pola Deputación da Coruña, lanza a súa segunda edición coa vontade de promover e de lle dar visibilidade ao uso do galego a través da rede social de vídeos máis grande do mercado global: Youtube. A iniciativa pretende fomentar así a creatividade con temas propios e xerar referentes en galego dun novo axente con gran repercusión social dende o mundo dixital como son os/as.../em>
TURISMO E ACCIÓN CULTURAL
O Mercado da Estrela enriquece a súa 6ª edición con actividades os días 15, 16 e 17 de decembro
As concelleiras de Turismo, Marta Lois, e de Acción Cultural, Branca Novoneyra, xunto as directoras do Mercado da Estrela, Mónica Mejías e Elena Sánchez, presentaron no Pazo de Raxoi a sexta edición desta iniciativa, que se celebrará os días 15, 16 e 17 de decembro coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela. O Mercado da Estrela, polo que en 2016 pasaron 10.000 persoas, chega a esta sexta edición convertido nun festival urbano de inverno gratuíto para visibilizar o talento das persoas creadoras, artistas,...
CONVIVENCIA
O Concello reclama a creación dunha comisión de seguimento sobre a Canteira de Miramontes
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, compareceu hoxe en rolda de prensa para reclamar a creación dunha comisión de seguimento sobre a canteira de Miramontes, da que formen parte a Xunta, o Concello, a veciñanza e a empresa explotadora das instalacións. A maiores, o edil adiantou que o alcalde ten solicitada unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, para abordar a problemática ambiental do complexo "ante a falta de respostas por parte da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental...
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Goberno local reitera o seu compromiso cunha educación inclusiva e de calidade
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, deu lectura ao Manifesto do Día Internacional da Cidade Educadora. Santiago de Compostela, como cidade participante na Asociación Internacional de Cidades Educadoras, sumouse así a esta xornada na que se reivindica un papel máis activo das cidades no dereito á educación para todas as persoas. Asistiron ao acto representantes da Corporación municipal, directores e directoras de centros educativos do municipio e un grupo de alumnos e alumnas.
SAÚDE
O Concello conmemora o Día Mundial da Sida cunha declaración e cun cómic para a poboación moza
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, deu a coñecer hoxe as accións do Concello para conmemorar o Día Mundial da Sida, que se celebra o 1 de decembro.
ACCIÓN CULTURAL
Cineuropa'31: 22 días, 264 filmes e 24.469 asistentes
Coas proxeccións de Les fantônmes d’Ismaël, de Arnaud Desplechin, no Teatro Principal; Lucky, de John Carroll Lynch, no Salón Teatro; e Cazadores de utopías, de David Blaustein, nos Multicines Compostela, chegou a fin da trixésimo primeira edición do festival Cineuropa.