DEPORTES

Todo listo para a Ruta dos Parques, a terceira proba do VI Circuíto CorreSan

02/11/2017

Este xoves, ás 23:59 horas, remata o prazo de inscrición na Ruta dos Parques, a terceira proba do VI Circuíto de Carreiras Saudables de Santiago, CorreSan, que se disputará o vindeiro sábado 4 de novembro. O percorrido, de 6,1 quilómetros para a categoría absoluta, ten saída na Cidade de Cultura e meta no Parque Eugenio Granell.

Ler máis

ALCALDÍA

Convocada a XVIII edición dos Premios Manuel Beiras

02/11/2017

O alcalde, Martiño Noriega, e o vicepresidente da Cámara de Comercio, Evaristo Rodríguez, presentaron hoxe a XVIII edición dos Premios Manuel Beiras, de recoñecemento ao uso do galego no sector empresarial. Foi nunha rolda de prensa celebrada na sede da entidade cameral, que este ano leva o peso da organización da convocatoria, na que o Concello e a Cámara de Comercio levan colaborando dende o ano 2000.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago realizará obras na igrexa de Santo André de Barciela

02/11/2017

No marco das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo no patrimonio do termo municipal, e moi estreitamente relacionado coa cidade histórica e os Camiños de Santiago, vaise intervir na igrexa de Santo André de Barciela, situada na parroquia homónima. Esta actuación conta cun orzamento global de 37.412,32 euros e ten un prazo de execución previsto duns tres meses.

Ler máis

TURISMO

Santiago(é)tapas ofrece máis de 100 tapas en 70 locais ata o 19 de novembro

02/11/2017

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado da concelleira de Turismo, Marta Lois; a presidenta da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos, membros da Corporación municipal e representantes das entidades e empresas patrocinadoras e colaboradoras, inauguraron a décima edición de Santiago(é)tapas, que se celebra do 2 ao 19 de novembro. O grupo fixo unha pequena ruta por dous dos locais participantes, La Jefatura e El Muelle.

Ler máis
Compartir: