DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

A sala compostelá Numax amosará o seu proxecto cooperativo no II Foro de Economía Social Inspiradora

15/11/2017

O próximo 28 de novembro celebrarase o II Foro de Economía Social Inspiradora. Emprendemento Cooperativo no edificio municipal Cersia Empresa. O obxectivo do Concello de Santiago con este encontro é dar a coñecer e recoñecer o traballo de empresas cooperativas con valores sostibles, igualitarios e solidarios, dando visibilidade ás entidades que aparecen no Catálogo de Economía Social en Santiago de Compostela, realizado o ano pasado.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Hong Sang-soo, Haneke e Claire Denis, figuras destacadas deste xoves no festival Cineuropa

15/11/2017

Logo dunha semana de proxeccións nas que máis de 8.000 persoas pasaron polas distintas sedes de Cineuropa 31, o Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá o xoves pola noite unha das estreas máis agardadas do festival. Trátase de La caméra de Claire, do director e guionista de Corea do Sur Hong Sang-soo . Será ás 23:30 horas cando se proxecte esta sinxela historia de complicidade entre mulleres que o cineasta filmou durante o festival de Cannes de 2016, e que está protagonizada por Kim Min-hee e...

Ler máis

ESPAZOS CIDADÁNS

Xerardo Estévez coordinará os proxectos de mellora dos Camiños, impulsados pola Xunta e o Concello

15/11/2017

O arquitecto e exalcalde de Santiago Xerardo Estévez será o coordinador dos traballos enmarcados no protocolo asinado entre a Xunta e o Concello compostelán para a mellora e integración paisaxística dos Camiños de Santiago, nos tramos que discorren pola capital galega. Así se anunciou hoxe, no marco da reunión da comisión de seguimento dese acordo, que estivo presidida pola conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge...

Ler máis
Compartir: