ALCALDÍA
Recepción no Pazo de Raxoi ao delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo Santiago
Como cada 25 de xullo, celebráronse os actos da Ofrenda ao Apóstolo Santiago. Finalizada a cerimonia relixiosa, a comitiva oficial foi recibida polo alcalde, Martiño Noriega, no Pazo de Raxoi.
BANDO DA ALCALDÍA
Bando da Alcaldía: "María Miramontes, memoria galega e lilá do 36"
O Concello de Santiago quere chamar a toda a veciñanza de Compostela a celebrar o 'Día Nacional de Galiza' e dedicarllo especialmente, neste 2016, á lembranza e homenaxe de María Miramontes. Unha muller que debe ocupar un lugar central na memoria colectiva da nosa cidade pola intensa labor activista que desenvolveu en Compostela.
FESTAS
Animada e concorrida xornada grande no Apóstolo, pechada co rock galego de Samesugas e Ruxe Ruxe
O 25 de xullo, festividade do Apóstolo e Día de Galicia, volveu reunir milleiros de persoas nas rúas compostelás, que gozaron dunha xornada calurosa e con actividades en diferentes partes da cidade.
HOMENAXE
Lembrando a Rosalía de Castro
As concelleiras Marta Lois e Branca Novoneyra asistiron á ofrenda floral realizada a Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval.