XUNTA DE GOBERNO
Aprobada a convocatoria de axudas para o fomento da igualdade entre homes e mulleres
A Xunta de Goberno aprobou hoxe as bases e a convocatoria das subvencións para o fomento de actividades a prol da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, e a prevención e loita contra a violencia de xénero. A esta iniciativa da Concellaría de Igualdade destinaranse un total de 20.000 euros.
FESTAS
A Romaría Cativa volve a Bonaval
O público máis familiar vai ser o protagonista de dúas das próximas actividades das festas do Apóstolo, que hoxe presentou a concelleira de Acción Cultural: a gala Circompostela 2016, e a Romaría Cativa. Branca Novoneyra recoñeceu que estas dúas propostas "enorgullecen especialmente ao Goberno, porque son un claro exemplo da intención de termos unhas festas máis diversas e máis acaídas para toda a cidadanía". Ademais, a edil lembrou que tanto a festa do circo como a.../em>
FESTAS
O soul de Charles Bradley chega á Quintana
As festas do Apóstolo continúan mañá cunha das citas musicais máis importantes da programación: o concerto de Charles Bradley & His Extraordinaires na praza da Quintana. Será a partir das dez da noite, con entrada de balde.
ALCALDÍA E ESPAZOS CIDADÁNS
Os alumnos e alumnas da sétima edición do Compostela’s Summer Program propoñen solucións para as Brañas de Sar
O alcalde e o concelleiro de Espazos Cidadáns visitaron hoxe aos alumnos do curso internacional Compostela’s Summer Program, organizado pola Fundación Compostela Arquitectura. Nesta sétima edición do programa, na que colaboran a Universidade de Santiago e o Concello, os estudantes traballaron sobre o proxecto do parque das Brañas de Sar. Martiño Noriega e Jorge Duarte puideron coñecer as súas propostas, na exposición instalada no claustro de San Martiño Pinario.
CONVIVENCIA
Os nenos e nenas dos campamentos de verán promovidos polo Concello aprenden educación viaria en Compostela
Os nenos e nenas que participan nos campamentos de verán promovidos polo Concello participaron en divertidos flashmobs e instrutivas sesións de educación viaria, nas que aprenderon as normas e as recomendacións á hora de circular, tanto en vehículo como a pé. Realizouse a actividade dentro do marco temático de cada campamento, tratando outros temas relevantes, como a igualdade.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago aprobará este domingo a programación 2016-2017 da Real Filharmonía de Galicia
Como vén sendo tradición, o Consorcio de Santiago vai celebrar este domingo, 24 de xullo, a súa Comisión Executiva e Consello de Administración, coincidindo coa noite dos fogos do Apóstolo e o concerto institucional previo protagonizado pola Real Filharmonía de Galicia. Ambas xuntanzas estarán presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. No Consello de Administración, que previsiblemente aprobará as contas xerais do organismo relativas ao exercicio 2015,...
FESTAS
Circo, baile e sound system animaron a oitava xornada das festas do Apóstolo
As festas do Apóstolo chegaron este venres á súa oitava xornada, protagonizadas por eventos como a gala Circompostela, o concerto Compostela Sound System e os obradoiros do Baile Assalto.