CONSORCIO
O Consorcio destinará este ano 150.000 euros para rehabilitar elementos de madeira e reixas nos inmobles da cidade histórica
O Consorcio de Santiago celebrou esta semana Comisión Executiva e Consello de Administración, ambas xuntanzas presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo, Agustín Hernández. Entre os temas abordados na orde do día destaca a aprobación das bases da convocatoria dunha liña de axudas para a rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago.
ALCALDÍA
Hernández destaca a "completa transformación" do Mercado de Abastos para seguir sendo "punto central da vida comercial, social e económica da cidade"
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugurou coa ministra de Fomento, Ana Pastor, as obras de remodelación do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela. Culminou así, segundo dixo, "unha completa transformación do segundo edificio máis visitado da nosa cidade".
ACCESIBILIDADE
En funcionamento o ascensor do Mercado de Abastos
Despois das probas realizadas polos técnicos ao longo da semana, dende este sábado está plenamente operativo o novo ascensor do Mercado de Abastos.
ALCALDÍA
Agustín Hernández recibiu os participantes no III Congreso de Acollida Cristiá no Camiño
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu os participantes no III Congreso Internacional de Acollida Cristiá no Camiño, que se celebra na cidade do 20 ao 22 de marzo.
ALCALDÍA
O alcalde entregou os premios do XIV Campionato Galego de Coctelería
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, entregou os premios do XIV Campionato Galego de Coctelería Clásica. O acto celebrouse na capela do Hostal dos Reis Católicos.