XUVENTUDE E SERVIZOS SOCIAIS
A zona vella será escenario do xogo de rol "Fillos do Trono" o sábado 28 de marzo
A concelleira de Xuventude, Maite Cancelo, presentou en rolda de prensa o xogo histórico Fillos do Trono, que se desenvolverá o sábado 28 de marzo, entre as 11:00 e as 20:00 horas, polas rúas da zona vella de Compostela. Este xogo interpretativo, no que tamén colabora a Concellería de Servizos Sociais a través da UMAD, compleméntase con diversos obradoiros.
ALCALDÍA
O alcalde destaca a innovación coma un dos eixes estratéxicos da acción municipal para a modernización da cidade
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu os participantes na reunión conxunta dos socios do programa europeo Plan para a Eficiencia Enerxética das Cidades (Planning for Energy Efficient Cities – PLEEC).
TURISMO
Santiago acollerá o seminario para hoteleiros "Millennials e o impacto da economía colaborativa no turismo"
A Concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentou o seminario Millennials e o impacto da economía colaborativa no turismo, que impartirá Fernando Gallardo o vindeiro 24 de febreiro no Hostal dos Reis Católicos. Fernando Gallardo é un xornalista, escritor, analista de tendencias e novos conceptos no turismo, ademais de ser o crítico de hoteis do xornal El País dende 1987.
CIDADES PATRIMONIO
As Cidades Patrimonio da Humanidade de España promociónanse en Alemaña e Bélxica
As Cidades Patrimonio da Humanidade de España, tras a súa presenza en Fitur 2015, continúan coa posta en marcha das accións de promoción internacional previstas no Plan Operativo 2015, aprobado pola Asemblea de Alcaldes o pasado 6 de decembro en San Cristóbal de La Laguna. Deste xeito, o Grupo participará en dúas das feiras máis importantes de Centroeuropa, como son a Reisen de Hamburgo (Alemaña) e o Salón des Vacances de Bruxelas (Bélxica), nas que se estará dando a coñecer a oferta...
ALCALDÍA
Agustín Hernández achegouse ata Sar con motivo da festividade de San Blas
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu ao concerto que a Banda Municipal de Música ofreceu con motivo da festividade de San Blas.
CONSORCIO
O oboísta onubense Lucas Macías toca esta semana coa Real Filharmonía de Galicia nos seus concertos en Santiago e Vigo
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O xoves día 5, a orquestra desprazarase a Vigo, onde actuará no Teatro Afundación ás 20:30 horas. O venres 6 tocará en Santiago de Compostela, ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia. En ámbalas citas levará a batuta o director alemán Clemens Schuldt, un dos talentos emerxentes máis destacado do seu país.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Teatro, cabaré, novo circo e curtametraxes na programación da Sala Agustín Magán para os meses de febreiro e marzo
Para os meses de febreiro e marzo, a programación de artes escénicas e audiovisuais da Sala Agustín Magán, do Centro Sociocultural de Santa Marta ofrece unha suxestiva oferta para públicos diversos, con espectáculos de balde ata completar a capacidade da sala.