DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O Concello limpou 81.000 metros de cunetas en 21 parroquias do rural compostelán
A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, e o edil de Relacións Veciñais, José María Rosende, visitaron as obras de limpeza de cunetas realizadas na parroquia de Aríns, incluídas no programa de actuacións para rexenerar a drenaxe de diversas vías das parroquias rurais no termo municipal. Investíronse 59.526 euros nestes traballos, realizados entre decembro e xaneiro.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Apertura da inscrición na viaxe a Taramundi, primeira de "Imos de excursión 2015"
A primeira das excursións programadas dentro da campaña Imos de excursión abrirá o prazo de inscrición presencial nos centros socioculturais o martes 17 de febreiro ás 17:00 horas.
SEGURIDADE E MOBILIDADE
O Concello pon en marcha un proxecto piloto de reserva de praza de estacionamento en superficie a través do móbil
Dende as 7:00 horas do vindeiro luns, 16 de febreiro, e durante 90 días, a avenida de Barcelona será escenario dun proxecto piloto de reserva de praza de estacionamento a través do móbil. Serán 36 prazas as dispoñibles, de xeito gratuíto, nun horario de 7:00 a 14:00 horas. Os condutores que baixen a aplicación, tamén de balde, poderán buscar en tempo real as prazas libres nesta rúa, reservalas e aparcar.
ALCALDÍA
Reunión de Agustín Hernández co delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu en Raxoi o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, na súa primeira visita institucional ao Concello dende o seu nomeamento. Tamén participou na reunión o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán.
CONSORCIO
O Consorcio finaliza as obras na igrexa de Figueiras, destinadas a evitar a entrada da auga da choiva a través do campanario
No marco das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo fóra da cidade histórica, acaban de rematarse as obras na igrexa de Santa María de Figueiras, de orixe románica. A finalidade era atallar o problema de entrada da auga da choiva a través do campanario e que afectaba ao inmoble. A obra centrouse na cuberta e nos remates exteriores e interiores do templo, cun orzamento global de 22.687,50 euros.
CULTURA
"Cando a música se volve paixón...", concerto da Banda Municipal de Música este domingo
A Banda Municipal de Música de Santiago ofrece este domingo o seu habitual concerto no Teatro principal, ás 12:00 horas. Baixo o título Cando a música se volve paixón..., estará dirixido por Juan Miguel Romero Llopis e contará coa colaboración de Raúl Pérez Alves como óboe solista. A entrada será de balde ata completar as localidades da sala.
CULTURA
Concerto de The James Hunter Six este sábado dentro do ciclo Sons’15
O británico James Hunter presenta en Santiago o seu novo disco, Minute by minute, no que reúne talento, experiencia e R&B. Tras un tempo afastado dos focos volve a estar en xira e visita a nosa cidade na formación The James Hunter Six. Será este sábado, ás 21:00 horas, na Sala Capitol e dentro do ciclo Sons’15. Como teloneiros actuarán a formación dos galegos The Limboos, grupo revelación da escena nacional. As entradas, a 16 euros anticipada e 18 o día do concerto, poden mercarse no despacho de billetes do...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Visita guiada a Sogama no marco da campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor"
O Concello de Santiago participa na terceira campaña educativa Separemos ben, reciclaremos mellor, promovida pola Conselleria de Medio ambiente e Sogama, contando coa colaboración e apoio de Ecoembes, Ecovidrio e dos sistemas integrados de xestión de pilas (Ecopilas, Ecolec e ERP). A pretensión da campaña e o incremento das taxas de reciclado en Galicia e a formación da veciñanza na xestión dos refugallos urbanos.