TURISMO
Compostela presenta en Helsinki un libro sobre o Camiño de Santiago
Turismo de Santiago, a editorial Helsinkibooks e a Oficina Española de Turismo en Helsinki presentarán na capital finesa o libro Tatina taipaleella (Unha maneira diferente de facer o Camiño), nado da experiencia de dúas xornalistas, Pirkko Vekkeli e Liisa Jappinen, que tras visitar Compostela dedicaron anos a percorrer a ruta de peregrinación por etapas.
TURISMO
Entrega dos Premios Picadillo na ultima xornada do Fórum Gastronómico
O primeiro tenente de alcalde, Ángel Currás, asistiu no Palacio de Congresos e Exposicións á entrega dos Premios Picadillo, dentro Fórum Gastronómico Santiago 2012.
ALCALDÍA
A ministra de Fomento visitará Santiago nunhas semanas para concretar o futuro das infraestruturas pendentes da cidade
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse en Madrid coa ministra de Fomento, Ana Pastor. No encontro abordáronse asuntos relativos ás infraestruturas pendentes da cidade e o alcalde puido explicarlle á ministra a súa iniciativa de levar o AVE Atlántico ata o aeroporto de Lavacolla.