CULTURA
Diamond Dogs presentan o seu novo álbum, "Set fire to it all", dentro do Compostela Rock
Compostela Rock, nova aposta da Concellaría de Cultura ofrece o sábado 25, ás 20:30 horas na Sala Capitol, unha nova cita, desta vez cos Diamond Dogs e Sugar Mountain. Os Diamond Dogs, que nos presentan o seu novo traballo, Set fire to it all, chegan a Santiago capitaneados por dous dos guitarras máis importantes da súa historia: International Fred e Lars Karlsson. Os teloneiros, os galegos Sugar Mountain, presentan un amplo repertorio dos seus discos e novas cancións da súa próxima gravación. Máis adiante,...
EDUCACIÓN
Inaugurado o Ciclo de Concertos Didácticos "Os contos do país do xeo"
Inaugurouse no CEIP Lamas de Abade o II Ciclo de Concertos Didácticos Os contos do país do xeo, que se celebrarán no centros de educación infantil e primaria de Santiago. O concelleiro de Educación, Ángel Currás, participou no primeiro destes concertos, impartidos a través da Escola Municipal de Música.
URBANISMO
O novo Rexistro Auxiliar de Urbanismo resolve as licenzas de obra menor nun prazo máximo de tres días
Dende a súa apertura o 1 de febreiro, o Rexistro Auxiliar de Urbanismo realizou 95 rexistros de entrada, outros 111 de saída e emitiu cartas de pago por importe de 7.444 euros. Estas cifras foron anunciadas pola concelleira de Urbanismo, María Pardo, quen destacou a redución producida nos prazos de tramitación de licenzas grazas este servizo, co que isto supón "para a eliminación de trámites burocráticos e a dinamización da actividade urbanística".
ALCALDÍA
Lembrando a Rosalía de Castro no 175 aniversario do seu nacemento
A praza de Vigo acolleu unha homenaxe a Rosalía de Castro con motivo do 175 aniversario do seu nacemento en Santiago de Compostela. O acto celebrouse a carón do monólito que lembra a casa do antigo Camiño Novo na que naceu a escritora na madrugada do 24 de febreiro de 1837.
TURISMO
Conferencia sobre a dieta atlántica no marco das actividades do Fórum Cidade
Seguen as actividades do Fórum Cidade. Así, o Hostal dos Reis Católicos acolleu unha conferencia dos profesores da USC Rafael Tojo e Rosaura Leis sobre a Dieta Atlántica: nutrición, gastronomía, saúde e calidade de vida. O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asistiu a esta charla.
URBANISMO
O Concello estuda co Consorcio de Santiago a apertura dunha liña de axudas para afrontar os gastos derivados da ITE
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, explicou as liñas básicas da Ordenanza reguladora da inspección técnica de edificios (ITE), aprobada inicialmente no último Pleno. Ademais, anunciou que o Concello está a estudar co Consorcio de Santiago a apertura dunha liña de axudas para as comunidades de propietarios, a fin de que estas poidan afrontar a inspección e, fundamentalmente, as obras necesarias no caso de que a ITE resulte desfavorable.
BENESTAR SOCIAL
Obradoiro sobre familia e saúde na Casa das Asociacións de Benestar Social
A concelleira de Benestar Social, Paula Prado, visitou os participantes no Obradoiro de Familia e Saúde, que se está celebrando na Casa das Asociacións de Benestar Social no marco do Programa Municipal de Intervención Sociofamiliar.
CULTURA
Últimos días para asistir á mostra do Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas
A exposición do VII Premio para Novos Artistas pechará as súas portas o 4 de marzo no Auditorio de Galicia. Na mostra poden verse ademais da obra gañadora do Premio e os catro accésits, as outras obras que foron preseleccionadas polo xurado, en total 40. Ademais, os visitantes poderán votar pola súa obra favorita e a que máis votos teña levará o Premio do Público, valorado en 1.200 euros. A seguinte exposición, que se inaugurará o 14 de marzo será Ars Combinatoria, de Chema Madoz.