EDUCACIÓN
Visita de profesores e profesoras do IES Xelmírez II á mostra "Compostella dicitur"
Un grupo de profesores e profesoras do IES Xelmírez II visitaon a exposición Compostella dicitur. A cidade da Catedral. Santiago en 1211. O concelleiro de Educación, Ángel Currás, participou neste encontro.
TURISMO
Santiago asiste á feira turística de Milán
Turismo de Santiago estará presente entre o 16 e o 19 de febreiro na feira BIT de Milán, unha das citas fixas do calendario de promoción turística da empresa municipal, que lle permite contactar todos os anos cos máis importantes turoperadores italianos.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Os maiores van ao baile na Casa das Asociacións e nos centros socioculturais
O concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, presentou o programa de bailes para maiores Imos ao baile, que se desenvolverá durante todo o ano na Casa das Asociacións de Cornes e en oito centros socioculturais. Serán 22 bailes con orquestra a celebrar os sábados pola tarde, cada 15 días, e de balde.
ALCALDÍA
O alcalde defende o paso do AVE do Eixo Atlántico polo aeroporto de Lavacolla para competir con Sá Carneiro
O alcalde, Xerardo Conde Roa, realizou unha visita institucional ao rexedor vigués, Abel Caballero. O rexedor compostelán expuxo a súa iniciativa de que o AVE do Eixo Atlántico pase polo aeroporto de Lavacolla co fin de poder competir con Sá Carneiro (Porto).
CULTURA
Aline Frazao inaugura o ciclo Íntimo & Acústico presentando o seu novo disco
Aline Frazao é a encargada de inaugurar o novo ciclo da Concellería de Cultura Íntimo&Acústico. Será nun concerto o xoves 16 de febreiro, ás 21:00 horas no Teatro Principal, no que nos presenta o seu último traballo, Clave Bantu.
DEPORTES
A afección compostelá deu o seu alento á Selección Española de fútbol feminino na súa victoria por 4-1 ante Austria
O Estadio de San Lázaro acolleu o partido internacional de fútbol feminino entre España e Austria. O combinado español contou co alento dun bo número de afeccionados, que puideron gozar da victoria de España por 4-1.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Reunión do Consello de Relacións Veciñais
O Consello de Relacións Veciñais mantivo a súa primeira reunión, presidido polo concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, ante a ausencia do alcalde por motivos de axenda. Non obstante, Xerardo Conde Roa pasou a saudar os representantes veciñais.