ALCALDÍA
Santiago e Vedra unirán esforzos en materia de comunicacións viarias e turismo
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, prosegue coa súa rolda de contactos cos rexedores dos municipios da bisbarra. Desta vez foi o alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo, o que pasou por Raxoi para falar de cuestións como as melloras das comunicacións entre os dous concellos ou accións de promoción turística conxuntas.
DEPORTES
O Concello baralla ubicacións para unha pista de xeo máis grande en 2012
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, fixo balance da instalación da pista de xeo na praza da Quintana. Cualificou de "notable, rozando o sobresaínte" o resultado dunha actividade que congregou preto de 41.000 visitantes.
CULTURA
Erik Truffaz 4tet, Joe Lovano Quartet e The Bad Plus dentro do ciclo Jazz in Blue
O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron un novo ciclo musical, desta vez centrado arredor do jazz: o Jazz in Blue. Este ciclo ofrécenos a oportunidade de achegarnos a unha música radicalmente creativa, recoñecida a nivel internacional e de incontestable calidade, realizada por tres artistas que marcan moitos dos camiños polos que transcorre o mellor jazz actual; Erik Truffaz 4tet, Joe Lovano Quartet e The Bad Plus.
ALCALDÍA
A Asociación Compostelá de Nenos Hiperactivos inaugurou a súa nova sede
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asistiu xunto coa concelleira de Benestar Social, Paula Prado, á inauguración da sede da Asociación Compostelá de Nenos Hiperactivos.