MOBILIDADE
Medra o nivel de satisfacción dos usuarios coas frecuencias e coa puntualidade do servizo de transporte urbano
O concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico, Albino Vázquez, deu conta dos datos da última enquisa sobre o nivel de satisfacción dos usuarios do transporte urbano. Os viaxeiros concédenlle unha nota global de 7,37 fronte ao 6,95 da enquisa do ano anterior, incrementándose a súa valoración de frecuencias e puntualidade.
TURISMO
O alcalde presenta en Fitur un vídeo para a promoción internacional da cidade
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, presentou en Fitur a xornalistas e profesionais do sector un novo vídeo promocional co que Turismo de Santiago pretende promocionar a cidade nos mercados internacionais. O alcalde estivo acompañado pola concelleira de Turismo, Reyes Leis, quen presentou a nova guía profesional do Santiago de Compostela Convention Bureau, o servizo de Turismo de Santiago encargado da promoción da cidade como destino para a celebración de congresos, encontros, xornadas, etc.
SANIDADE
A Unidade Móbil do CTG recolleu 21 doazóns de sangue na praza do Obradoiro
A Unidade Móbil do Centro de Transfusións de Galicia que estivo no Obradoiro na mañá do martes 17 recolleu, un total de 21 doazóns de sangue. Esta cifra supón un incremento do 75% con respecto a última ocasión na que o CTG estivo cunha unidade móbil na praza do Obradoiro, en xaneiro de 2011.