MOBILIDADE
Os residentes por municipio poderán estacionar en zona verde de 9:00 a 20:00 horas co pago dun canon
O concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico, Albino Vázquez, explicou en rolda de prensa as principais novidades da modificación da Ordenanza do Sistema de Ordenación e Regulación do Servizo da ORA e Aparcamento de Residentes. Unha das principais novidades é que os residentes empadroados na cidade terán a posibilidade de estacionar nas zonas verdes coa súa tarxeta de residente por municipio, que implicará o pago dun canon aínda por fixar.
URBANISMO
Os propietarios das Casas de Ramírez poden optar a axudas de ata 10.400 euros para a mellora de elementos comúns
Os veciños dos 17 bloques das Casas de Ramírez, no Ensanche compostelán, poderán acceder a axudas de rehabilitación e mellora de elementos comúns, grazas a ser considerados estes inmobles como edificios catalogados. As axudas poden chegar ata o 75% do orzamento da obra, cun máximo de 10.400 euros.
SAÚDE
O Concello únese á campaña de doazón de sangue e anima os composteláns a colaborar
A Unidade Móbil do Centro de Transfusións de Galicia permaneceu diante do Pazo de Raxoi durante a mañá deste martes. Un bo número de cidadáns, algúns deles traballadores municipais, aproveitaron a ocasión para exercer este labor solidario e tan necesario.
CULTURA
Última semana para ver "Cal e canto", do Colectivo Batbirulau, na Zona "C"
A intervención Cal e canto, do Colectivo Batbirulau, chega á súa última semana de exhibición na Zona "C", equipamento cultural dependente da Concellaría de Cultura. O domingo 22 clausúrase a mostra, aberta dende o 21 de outubro. O horario da sala é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas todos os días, agás os luns.