EDUCACIÓN
Quince coreografías farán visible o traballo en torno á danza dos centros escolares
O Certame de Danza Intercentros chega xa á súa sexta edición. Será unha oportunidade única para que 187 rapazas e rapaces (nesta ocasión bailarán catro nenos) amosen ao público o froito do traballo en torno á danza realizado ao longo do curso. A cita é o sábado 28 de maio, ás 19:30 horas, no Auditorio de Galicia.
TURISMO
O concurso Santiago(é)Tapas chega á súa última fin de semana con máis de 1.800 tapas consumidas por día
Nos primeiros dez días do Santiago(é)Tapas, entre o 13 e o 22 de maio, consumíronse máis de 18.000 tapas nos 60 establecementos participantes nesta cuarta edición do concurso, enmarcada no 800 Aniversario da Consagración da Catedral. Este dato supón que se consumiron algo máis de 1.800 tapas diarias, que é a mellor media de participación diaria das edicións realizadas ata o momento. O concurso remata o domingo 29 coa previsión de que se manteña este ritmo de consumo.
CULTURA
Inversa Teatro presenta "A illa das mulleres loucas" no Teatro Principal
Inversa Teatro, compañía galega de recente creación fundada por Marta Pérez, volve de novo aos escenarios coa peza A illa das mulleres loucas, dirixida por Vanesa Sotelo. Nesta ocasión a cita terá lugar no Teatro Principal o venres 27, ás 21:00 horas, despois de ter pasado xa polas cidades de Vigo, A Coruña e Lugo.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo envíalle un agasallo ao Papa en agradecemento pola súa visita a Santiago
O alcalde compostelán en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse co arcebispo de Santiago, Julián Barrio, quen en breve será recibido en Roma polo Papa Bieito XVI.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A Casa das Asociacións súmase cunha charla aos actos do Día Nacional da Nutrición
O sábado 28 de maio celebrase a décima edición do Día Nacional da Nutrición, co exercicio físico e a importancia de comer ben como temas de fondo. Con este motivo, a Casa das Asociacións acolle unha charla sobre esta cuestión
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago devolverá o seu aspecto orixinal á fachada do edificio da Universidade en Mazarelos
O Consorcio de Santiago, no marco das súas políticas de recuperación do patrimonio histórico da cidade, comezou as obras de revestimento da fachada do edificio histórico da praza de Mazarelos que acolle a Facultade de Filosofía. Este revestimento vai devolver o seu aspecto orixinal ao edificio, que a día de hoxe mostra a pedra descuberta.