ALCALDÍA E TURISMO
O Concello ultima con Easyjet os termos dunha conexión entre Santiago e Roma
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Iglesias, compareceron en rolda de prensa para dar conta das negociacións mantidas por ambos con directivos da compañía aérea Easyjet. Do encontro saíu o compromiso dunha conexión entre Lavacolla e o aeroporto de Fuimicino (Roma), operativa dende o outono ou dende a primavera de 2012.
MEDIO AMBIENTE E SANIDADE
A campaña "Convivencia Guauuuu!" promoverá as boas prácticas entre os donos de animais de compañía
Presentouse en Raxoi a campaña que o Concello de Santiago desenvolverá para fomentar unha Convivencia guauuuu!. "Esta campaña estará activa a partir de principios de marzo pretende fomentar as boas prácticas en relación co espazo público e os animais", segundo explicou a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, que presentou os materiais e a imaxe da campaña xunto co concelleiro de Sanidade, Andrés Fariña, quen lembrou que "ao final, do que se trata e de lembrar o obrigado cumprimento dunha...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
"A memoria da xente" converte en protagonistas as pequenas historias anónimas de Compostela
O Centro Sociocultural do Castiñeiriño foi o escenario escollido para o inicio do percorrido da exposición A memoria da xente por diversos barrios composteláns. A nova proposta impulsada pola rede de Centros Socioculturais pretende "continuar e potenciar as diferentes iniciativas relacionadas coa memoria viva da cidade", como teñen sido xa "as mostras A historia vai por barrios ou as publicacións promovidas polo movemento veciñal do Castiñeiriño, Conxo, A Sabugueira ou Marrozos", segundo.../em>
CIDADE HISTÓRICA
A web de "A Cidade intuída" amosa as propostas de ríos, camiños e núcleos rurais
O congreso Compostela 2021. A Cidade Intuída, organizado pola Concellaría da Cidade Histórica e Rehabilitación, introduciu na súa web www.acidadeintuida.org os contidos relacionados co apartado denominado "Territorio", referentes ás propostas sobre ríos, camiños e núcleos tradicionais.
PLENO
A Corporación municipal demanda á Xunta de Galicia a inmediata licitación dos centros de saúde de Galeras e Conxo
O Pleno da Corporación aprobou unha proposición na que se demanda á Xunta a licitación dos centros de saúde do Casco Histórico e de Conxo. Tamén se ratificou un compromiso de realoxo dos afectados polas expropiacións do Grupo Quiroga Palacios, coñecido como Banco do Pobre, e outro con motivo da celebración do Día Internacional da Muller.