ALCALDIA
O alcalde de Santiago será o delegado rexio na Ofrenda da Traslación
Segundo comunicou a Casa Real, o alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, será o delegado rexio no acto da Ofrenda de Traslación dos restos do Apóstolo de 2011, que terá lugar o venres 30 de decembro.
TURISMO
O Cersia convértese no centro das aplicacións para móbiles de Galicia
A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, inaugurou hoxe MobileConGalicia, a primeira conferencia para desenvolvedores de aplicacións para móbiles de Galicia, un evento patrocinado polo Concello de Santiago e que se celebra no edificio Cersia, onde se deron cita máis de 150 de profesionais do sector.
ALCALDÍA
Recupérase a tradición da árbore de Nadal dentro do Pazo de Raxoi
A entrada das dependencias do Concello no Pazo de Raxoi están presididas desde hoxe por unha árbore de Nadal. Recupérase deste xeito unha iniciativa que xa se levara a cabo en mandatos pasados.
TRÁFICO
A Concellería de Tráfico lembra os cambios na circulación por mor da peatonalización provisional de dúas rúas do Ensanche
A Concellería de Tráfico lembra que esta fin de semana se peatonalizarán as rúas República do Salvador (tramo entre Doutor Teixeiro e a Praza Roxa), e Xeneral Pardiñas (entre a República Arxentina e Montero Ríos).