DEPORTES
Comeza a funcionar a pista de xeo da Quintana
O concelleiro de Deportes e Xuventude, Adrián Varela, deu o pistoletazo de saída a unha das actividades máis esperadas do Nadal en Compostela: a pista de xeo, que estará na Quintana ata finais de xaneiro.
CULTURA
Os escolares do instituto Antón Fraguas charlaron co cantante de Maldita Nerea antes do concerto
Finalmente foi o IES Antón Fraguas, situado en Fontiñas, o gañador e os seus alumnos e alumnas charlaron animadamente con Jorge Ruíz antes do concerto que Maldita Nerea vai ofrecer no Multiúsos Fontes do Sar. O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, estivo presente no acto.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O centro sociocultural das Fontiñas acolle unha exposición que retrata as múltiples cara da cidade de Nova Iorque
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, será o encargado de inaugurar a mostra "NYC maNY faCes, maNY plaCes", de Niti Laíño, que poderá verse no centro das Fontiñas do 2 ao 27 de decembro.
COMERCIO
O Museo do Pobo Galego acolleu a conferencia final do ciclo de talleres para o comercio de San Pedro
A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, presentou no Museo do Pobo Galego a conferencia final do ciclo de talleres específico e gratuíto para o sector comercial do barrio de San Pedro, deseñado dentro do programa Urbana Santiago Norte co obxecto de dinamizar esta arteria comercial da cidade a través de accións prácticas e participativas, pensadas para un comercio de proximidade.
BENESTAR SOCIAL
O Equipo do Urbana Santiago Norte pon en marcha unha campaña de recollida de xoguetes
Coa chegada das data do Nadal, o Equipo Urbana Santiago Norte inicia unha campaña co obxectivo de recoller xoguetes para alegrar o Nadal dos nenos e das nenas máis desfavorecidos da Zona Urbana.