ALCALDÍA
O Obradoiro brinda a Copa Príncipe á comprometida afección compostelá
Os xogadores, adestradores e directivos do Blu:sens Monbus foron recibidos en Raxoi polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, tras o seu triunfo na Copa Príncipe de Baloncesto. O equipo compostelán impúxose ao CB Murcia por 81-78.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A Concellería de Participación Cidadá edita a guía "Queres crear unha asociación?"
A Concellería de Participación Cidadá acaba de editar a guía Queres crear unha asociación?. Dun xeito sinxelo e didáctico, indícanse todos os pasos básicos para por en marcha este tipo de entidades, dende a primeira reunión ata o seu rexistro ou a redacción de estatutos.
ALCALDÍA
Santiago achégase xa aos estándares comunitarios de nenos de 0 a 3 anos en escolas infantís públicas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou a nova Escola Infantil de Tras Parlamento, tras o remate das obras de rehabilitación do edificio que no seu día ocupara o Departamento de Benestar Social. Esta será a quinta escola infantil da cidade e dará servizo fundamentalmente á área do Ensanche.
CULTURA
Febreiro trae a música de Mari Boine e novidades nas artes escénicas
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou unha programación cultural do mes de febreiro na que destacan o espectáculo Razas, cuxa versión orixinal vén de triunfar en Broadway dirixida polo seu propio autor, o tamén guionista e director de cine David Mamet.
URBANISMO
Emuvissa prorroga o prazo de pagamento de catro parcelas adxudicadas no mes de xullo
No Consello de Administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Emuvissa) aprobouse a prórroga do prazo de pagamento de catro das parcelas adxudicadas en xullo, ampliación de prazo que estaba contemplada no novo prego para alleamento que rexe os concursos de Emuvissa.