COMERCIO
Promoción Económica realizará dous estudos para coñecer as tendencias do comercio
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a terceira liña de acción do Plan Estratéxico do Comercio Compostelán, denominada Observatorio Comercial. Consiste na elaboración de dous estudos: o Censo de estabelecementos comerciais e a Diagnose sobre os hábitos de consumo.
ALCALDÍA
O alcalde agarda que a Copa de Fútbol Sala sexa "un grande espectáculo"
Como parte dos actos da XII Copa de España de Fútbol Sala e horas antes do comezo da competición, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi a unha representación dos oito equipos participantes.
XUVENTUDE
Xuventude busca novos talentos musicais na terceira edición do "MúsicaXove"
O xoves 18, un concerto dos grupos Los Coronas e Pi Graos na Sala Capitol, a partir das 21:30 horas, servirá de presentación do certame MúsicaXove’10. Os interesados en participar no mesmo teñen ata o 20 de marzo para presentar a documentación no Rexistro do Concello situado no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.
CULTURA
Quico Cadaval e Mofa e Befa rescatan ao público da súa ignorancia sobre Shakespeare
Asasinos, mendigos, bufóns, conspiradores, cornudos, chivatos, oportunistas, chulos, torturadores... estes e outros personaxes de mala fama son os protagonistas da nova montaxe de Mofa e Befa, Shakespeare para ignorantes, dirixida por Quico Cadaval e interpretada por Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e o propio Cadaval. Trátase dunha comedia que utiliza os textos de Shakespeare para indagar nos aspectos menos confesables do ser humano actual.
ALCALDÍA
A nova directiva de Acotes explicoulle ao alcalde os seus plans de futuro para o comercio compostelán
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu a nova xunta directiva da Asociación de Comerciantes de Santiago (Acotes), encabezada polo seu presidente, Antonio Pérez Casas.
TURISMO
O Fórum Gastronómico Santiago 2010 chega aos bares e restaurantes co Fórum Tapas
Durante unha semana, quince establecementos de Santiago ofrecerán a súa Tapa Fórum, deseñada exclusivamente para a ocasión. Os clientes que decidan participar nesta ruta de tapas poderán obter diversos premios directos.
CONSORCIO
O director Alasdair Neale e o pianista Dezso Ranki actúan coa Real Filharmonía
Un dos mellores concertos para piano de Mozart será o protagonista do concerto do Auditorio de Galicia do venres 12 de febreiro. Para a ocasión, o pianista húngaro Dezso Ranki chega a Santiago para interpretar o Concerto para piano núm. 23 de Mozart. Dirixirá como batuta invitada Alasdair Neale, un dos máis coñecidos directores de Norteamérica.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Inaugurada na Casa das Asociacións a mostra "Iacobus Gallecia"
Abriuse na Casa das Asociacións a exposición Iacobus Gallecia, Arte Contemporánea Galega nos Camiños de Santiago. O público poderá ver esta mostra ata o 5 de marzo.