PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Un rastrillo recadará fondos para catro institucións benéficas no Nadal Solidario
A Concellería de Participación Cidadá aposta un ano máis pola solidariedade coa posta en marcha, en colaboración coa revista Made in Santiago, da campaña Nadal Solidario. Nesta edición, ademais da tradicional recollida de alimentos e xoguetes para doar á Cociña Económica, Cottolengo, Cáritas e Albergue de Xoán XXIII, celebrarase un rastrillo solidario o sábado 18 e o domingo 19 de decembro.
BENESTAR SOCIAL
Fademga Feaps Galicia recibe 14 vehículos para paliar a traba da dispersión xeográfica
A Federación de Asociacións en favor de Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (Fademga Feaps Galicia) recibiu 14 furgonetas nun acto celebrado na praza do Obradoiro.
CIDADE HISTÓRICA
A concelleira de Cidade Histórica, satisfeita e orgullosa pola concesión do premio Cidades Patrimonio da Humanidade
A Oficina de Cidade Histórica e Rehabilitación da Concellaría de Cidade Histórica, foi galardoada co Primeiro Premio Cidades Patrimonio da Humanidade que convoca o Ministerio de Cultura. Pedreira compareceu na Casa do Concello, acompañada da arqueóloga municipal, Dolores Cerqueiro, e do xefe de servizo da OCIHR, Javier Fernández, para agradecer este premio e compartilo con todas as persoas que axudaron a conseguilo.
CULTURA
Martín Cuenca presenta ao público de Cineuropa "La mitad de Óscar"
Na derradeira xornada desta XXIV edición, Cineuropa recibirá o venres 3 de decembro ao director Manuel Martín Cuenca, un dos autores de maior relevancia da última década do cinema español. Martín Cuenca estará no festival compostelán para presentarlle ao público a súa película La mitad de Óscar. O acto celebrarase no Teatro Principal ás 18:00 horas e, tras a proxección do filme, o realizador manterá un coloquio co público na sala.
XUVENTUDE
Os once grupos gañadores do certame "MúsicaXove 2009" presentaron o seu dobre disco recompilatorio
O concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, presentou no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche, o dobre CD recompilatorio cos temas dos gañadores do II Certame MúsicaXove. No acto tamén participou unha gran representación dos músicos e cantantes do grupos participantes no concurso.