EDUCACIÓN
Convocado o IV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados
A Concellería de Educación e Kalandraka convocan o IV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 12.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. O prazo de presentación dos traballos rematará o 28 de febreiro de 2011 e o fallo do xurado coñecerase o 1 de abril, no marco das actividades da XI Campaña de Animación á Lectura.
COMERCIO
"Regalar custa pouco" promocionará o comercio compostelá con dez mil catálogos con propostas de agasallos para o Nadal
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o III Concurso catálogo de promoción comercial de Compostela Regalar custa pouco, aprobado en Xunta de Goberno. Este programa ten como obxectivo potenciar as compras nos establecementos comerciais da cidade durante o Nadal. As/os comerciantes que presenten as mellores propostas poderán ver os seus produtos recollidos nun catálogo, xunto á identificación do comercio, que se distribuirá entre a cidadanía de...
URBANISMO
Os polígonos de Costa Vella e Formarís achegarán case 450.000 metros cadrados de novo solo industrial e terciario
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, explicou en rolda de prensa os detalles dos proxectos de urbanización dos polígonos SUNP-37.3 (Costa Vella) e SUNP-38 (Formarís), aprobados en Xunta de Goberno. Nesta mesma sesión tamén se deu o visto bo ao enlace destes polígonos –e tamén do da Sionlla- coa estrada N-550.
XUNTA DE GOBERNO
Rúas para Isidoro Millán, Dolores Rodeiro, Antonio Machado e Alfonso X O Sabio
A Xunta de Goberno aprobou a asignación de nomes a catro rúas da UX-16 de Santas Mariñas. Levarán os nomes de Isidoro Millán González-Pardo, Antonio Machado Álvarez (Demófilo), Dolores Rodeiro Boado e Alfonso X O Sabio.
ALCALDÍA
Reunión do alcalde coa asociación veciñal Monte de Dios (Vite)
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse con representantes da asociación de veciños Monte de Dios, de Vite.
ALCALDÍA
Unhas mil persoas participarán en 2012 no IV Congreso Internacional de Patoloxía e Rehabilitación de Edificios
Santiago de Compostela acollerá do 12 ao 14 de abril de 2012 o IV Congreso Internacional de Patoloxía e Rehabilitación de Edificios (Patorreb). Os detalles do mesmo explicáronos en rolda de prensa o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo; o decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), Celestino García Braña; e o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández.