MOBILIDADE
Santiago únese á Semana Europea da Mobilidade con xincanas, obradoiros e transporte urbano de balde
A cidade quere implicarse como cada edición coa Semana Europa da Mobilidade, que se celebra do 16 ao 22 de setembro. Por este motivo, a Concellería de Mobilidade e Transportes preparou unha serie de actividades para promover hábitos saudables e máis respectuosos co medio ambiente.
BENESTAR SOCIAL
Benestar Social edita unha guía con toda a información básica para inmigrantes e emigrantes retornados
A Concellería de Benestar Social e Igualdade acaba de editar a Guía de recursos de Santiago de Compostela para inmigrantes e emigrantes retornados. A publicación inclúe toda a información básica sobre os trámites a realizar á súa chegada e respecto a temas esenciais que lles afectan.
BENESTAR SOCIAL
O programa "Educación de rúa" pecha as actividades de verán no barrio de Conxo cunha festa e cunha exposición fotográfica
As actividades realizadas este verán no barrio de Conxo no marco do programa Educación de rúa, da Concellería de Benestar Social, pecharanse mañá venres, 18 de setembro, cunha festa Fin do verán. Ademais, inaugurarase a exposición Un verán na rúa.
CONSORCIO
Concerto da Real Filharmonía de Galicia na Catedral de Santiago
A Catedral de Santiago será de novo escenario para a presentación da Real Filharmonía de Galicia ante o seu público con motivo do inicio da súa temporada de concertos 2009-2010.