EMPREGO
Máis de 200 persoas que participaron en 2008 en programas de Promoción Económica accederon ao mercado laboral
Ata 212 persoas que participaron en 2008 en distintos programas da Concellaría de Promoción Económica e Emprego accederon ao mercado laboral. A esta cifra, na que non están incluídas as 49 insercións acadadas polo Proxecto Crear V, rematado en abril de 2009, cómpre engadir as 204 ofertas de emprego tramitadas a través do Servizo de Intermediación Laboral.
CULTURA
As tradicións musicais persas abrázanse na igrexa de Santa María do Camiño co concerto de Barbod Ensemble
O patrimonio arquitectónico de Compostela volve a ser testemuña dun encontro intercultural no seo do Festival dos Abrazos. Barbod Ensemble actúa o venres 21 na igrexa de Santa María do Camiño, ás 13:00 e ás 20:00 horas, cunha formación e un repertorio que beben das tradicións musicais de Oriente Medio.
MEDIO AMBIENTE
A restauración da carballeira de Nemenzo recuperará un espazo de convivencia e lecer para a parroquia
A concelleira do Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, realizou unha visita ás obras de restauración e posta en valor da carballeira de Nemenzo. Esta actuación forma parte dun conxunto de intervencións no medio rural dirixidas á conservación e valorización do patrimonio natural e do construído, ademais de conformar espazos para o encontro e o lecer, como a intervención prevista en Verdía.