TURISMO
Turismo de Santiago propón ás empresas ir de tapas pola cidade
A capital da gastronomía galega prepárase para celebrar do 25 de xuño ao 12 de xullo o seu segundo concurso Santiago(é)Tapas, cunha novidosa oferta para grupos de empresas: un paquete turístico para chegar a Santiago e lanzarse a "tapear" pola cidade. A recompensa non é so turística ou gastronómica, porque hai premios para os participantes máis asiduos.
ALCALDÍA
O delegado do Goberno comprométese co alcalde a reforzar o dispositivo de seguridade no Xacobeo
Na súa primeira visita institucional ao Concello, o novo delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, falou co alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, de diversos aspectos que afectan á cidade. En particular, analizaron o impulso dado ás principais infraestruturas proxectadas polo Goberno central para Santiago e o dispositivo de seguridade cara o Xacobeo 2010.
ALCALDÍA
O alcalde agradece o "excelente traballo" de Jesús Caramés nos seus tres anos como xerente do CHUS
Jesús Caramés Bouzán, xerente ata a data do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela (CHUS), quixo despedirse do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen o recibiu en Raxoi.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Presentadas as obras de ampliación, mellora e acondicionamento dos edificios da Rede de Centros Socioculturais Municipais
No Centro Sociocultural de Laraño, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou as obras de ampliación, mellora e acondicionamento dos edificios da Rede de Centros Socioculturais Municipais. O programa conta cun investimento total de 700.000 euros e ten como obra máis importante a ampliación do CSC de Laraño.
ALCALDÍA
O Compostela segue a celebrar o seu ascenso a Segunda B
Tras as diversas celebracións polo seu ascenso a Segunda B, os integrantes da Sociedade Deportiva foron recibidos en Raxoi polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e boa parte da Corporación.
CONSORCIO
Peche da temporada de concertos no Auditorio con Lugansky e a Real Filharmonía
Logo de case 30 recitais, os concertos da Real Filharmonía de Galicia chegan ao seu fin na temporada 2008/2009. O venres 5 de xuño, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia de Santiago, o mestre titular, Antoni Ros Marbà dirixe o peche de estación cun programa que inclúe o Concerto para piano núm. 1 de Chopin e a Sinfonía núm. 2 de Sibelius.
EIXO ATLÁNTICO
O Eixo Atlántico pide ao ministro de Fomento que axilice a chegada do AVE entre Vigo e Porto
Os membros da Comisión Executiva do Eixo Atlántico, reunidos en Santiago, acordaron solicitar unha entrevista co ministro de Fomento, José Blanco, para tratar a situación da liña de alta velocidade ferroviaria Ferrol-Lisboa e, en concreto a conexión internacional Vigo-Porto. Segundo afirmou o alcalde de Vila Nova de Gaia e actual presidente do Eixo Atlántico, Luís Filipe Menezes, "o noroeste da Península non pode quedar atrás, e pasa pola ligazón de Porto e Santiago".