ALCALDÍA
Concentración silenciosa diante do Concello
O Concello de Santiago de Compostela condenou firmemente o último atentado da banda terrorista ETA e sumouse á convocatoria da FEMP dunha concentración silenciosa de cinco minutos na Praza do Obradoiro en repulsa por este atentado que lle custou a vida ao inspector xefe da Brigada da Policía Nacional en Bilbao, Eduardo Puelles García.
INFRAESTRUTURAS
José Blanco presenta o inicio das obras da nova terminal do aeroporto de Santiago
O investimento do Ministerio de Fomento neste proxecto supera os 160 millóns de euros. A nova área terminal contará cun edificio de máis de 74.000 metros cadrados e un aparcamento para 3.700 vehículos
MEDIO AMBIENTE
Compostela recupera unhas vistas privilexiadas no Monte de Deus
A rexeneración do Monte de Deus permitiu recuperar esta área para o disfrute dos cidadáns. Dende aquí, un mirador permite agora disfrutar dunhas vistas privilexiadas de Santiago.