EDUCACIÓN
As ONG buscan a implicación solidaria dos composteláns
31/01/2009
Ler máis
O centro comercial Área Central acolleu o X Foro de Organizacións Non Gobernamentais, co que se abre a Quincena da paz, a convivencia e a solidariedade. Neste encontro, as ONG quixeron dar a coñecer o seu traballo solidario aos composteláns.
ELECCIÓNS
Case 78.000 electores están chamados ás urnas en Santiago o 1 de marzo
31/01/2009
Ler máis
O Pleno municipal, en sesión extraordinaria e mediante sorteo público, elixiu aos 1.044 titulares e reservas das 116 mesas electorais nas que os cidadáns depositarán o voto nos comicios ao Parlamento de Galicia o 1 de marzo. Un total de 77.902 electores están chamados ás urnas en Compostela.