ALCALDÍA
O gasto para atención social medra un 60% nos orzamentos de 2009
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, analizou na súa rolda de prensa semanal os orzamentos para 2009. Destaco o incremento que se produce nos gasto para atención social e para a xeración de emprego, así como a cantidade destinada a investimentos.
ALCALDÍA
O alcalde agarda coñecer en febreiro o proxecto de entrada da liña do AVE en Santiago
Os trámites para a construción do tramo da liña do AVE de entrada en Santiago xa están en marcha. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou a súa satisfacción por esta nova e agarda que no mes de febreiro se poida coñecer este proxecto.
DEPORTES
Máis de 1.000 alumnos de 23 centros educativos participaron na II Campaña escolar de iniciación á patinaxe sobre xeo
Entre esvaróns, pequenas caídas e, sobre todo, moitos sorrisos, rematou a II Campaña escolar de iniciación á patinaxe sobre xeo, organizada pola Concellaría de Deportes en colaboración coa empresa XADE. Nesta segunda edición, a actividade resultou tamén un éxito de participación.
TURISMO
Turismo de Santiago promociona a cidade en Fitur
Turismo de Santiago estará presente en Fitur, a feira turística máis importante do Estado, que se celebrará en Madrid entre o 26 de xaneiro e o 1 de febreiro. O obxectivo do Departamento é promocionar a cidade no seu conxunto, seguindo a estratexia de promoción cara o Ano Santo Compostelán 2010, que marcará a promoción da cidade tanto estatal coma internacionalmente durante este ano.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A Plataforma de Intermediación Laboral da Concellaría de Promoción Económica colabora con 723 empresas
A Plataforma de Intermediación Laboral da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo ten introducidos datos de 723 empresas fidelizadas e de 2.004 persoas que procuran emprego ou buscan mellorar as súas expectativas laborais. No último trimestre (novembro, decembro e xaneiro) estas empresas solicitaron persoal para cubrir 134 postos de traballo. O aplicativo informático da Bolsa de Emprego ten como obxectivo facilitar a prestación do servizo a través dunha xestión áxil e eficaz das ofertas e das...