ALCALDÍA
Tarragona interésase polo modelo compostelán de promoción de vivenda protexida
15/01/2009
Ler máis
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao alcalde de Tarragona, Josep Fèlix Ballesteros, co que posteriormente visitou algúns dos polígonos de vivendas promovidos pola Empresa Municipal de Vivenda e Solo (EMUVISSA). O rexedor catalán quixo coñecer polo miúdo o modelo de xestión e transformación do solo e de promoción de vivenda pública do Concello de Santiago.
CULTURA
"Nexus 6" abre a edición de 2009 de SCQ Danza
15/01/2009
Ler máis
Presentouse en Raxoi a terceira edición do ciclo SCQ Danza que, un ano máis, achega a Compostela figuras internacionais da danza contemporánea. A edición de 2009 comeza coa bailarina e coreógrafa galega Branca Novoneyra que, xunto a Iria Pinheiro, levan ás táboas do Teatro Principal Nexus 6, o venres 16 de xaneiro ás 21:00 horas.