CONSORCIO
Unha nova publicación analiza a delincuencia e represión na antiga provincia de Santiago entre 1700 e 1834
O alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou o libro Crimen, criminales y reos. La delincuencia y su represión en la antigua provincia de Santiago entre 1700 y 1834. A publicación recolle o traballo de Raquel Iglesias Estepa, baseado na súa tese doutoral sobre "comportamentos criminais na sociedade galega de fins do Antigo Réxime".
ORZAMENTOS
A liquidación do orzamento de 2007 deixa un resultado positivo de 14 millóns de euros e a definitiva eliminación da débeda
Realizada a liquidación do orzamento municipal de 2007, este rexistrou un resultado positivo de 14.067.600 euros, o que supón un 62,02% máis que no exercicio 2006. O de Santiago é un dos poucos Concellos que, nun ano electoral, rexistra un saldo positivo. Ademais, este foi o ano no que as arcas municipais conseguiron eliminar a débeda case na súa totalidade.
CULTURA
Compostela volve a ser por unha semana a capital mundial da maxia
Do 12 ao 19 de abril, a cidade volverá a ser a capital mundial da maxia grazas á Compostela Máxica 2008. II Semana Internacional do Ilusionismo. Os mellores magos de Galicia e destacados representantes do panorama español e internacional participarán nun evento que levará a maxia á rúa e a todos os públicos.
ALCALDÍA
As cidades do mundo que levan o nome de Santiago reuniranse en outubro na República Dominicana
Unha delegación da cidade de Santiago de los Caballeros (República Dominicana) foi recibida en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Na xuntanza cursáronlle a invitación para asistir a un congreso que reunirá nesta cidade americana, en outubro, ás cidades do mundo que levan o nome de Santiago.
TURISMO
A Santiago de Compostela Film Commission asiste ao Location Trade Show en California
Un ano máis, a Santiago de Compostela Film Commission participará no AFCI Location Trade Show, que se celebrará en Santa Mónica (California) entre os días 10 e 12 de abril.