FESTAS
Comezan as Festas da Ascensión cunha multitudinaria Campus Party
As Festas da Ascensión comezan o mércores 21 cun programa repleto de actividades e actuacións musicais para todo tipo de públicos. Arrincarán ás 12:00 horas coas bombas que anuncian o inicio das festas. A partir dese instante o ambiente festivo chegará ás rúas de Santiago, que ao longo de toda a mañá estarán animadas por grupos de gaiteiros, fanfarrias e polo bo facer dos cabezudos.
DEPORTES
Compostela aspira a estar na elite do baloncesto feminino español
A cidade acolle entre o 30 de abril e o 4 de maio a fase de ascenso á Liga Feminina, a máxima competición do baloncesto feminino español. Un equipo compostelán, o Pío XII, campión do seu grupo na liga regular, aspira a dar o salto á categoría superior co apoio da súa afección.
EMPREGO
Promoción Económica imparte dous novos cursos do Plan FIP
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo impartirá dous cursos máis do Plan FIP (Formación e Inserción Profesional), destinados a persoas desempregadas. Son Instalador de sistemas de enerxía solar térmica e Electricista de edificios. Concedidos pola Delegación provincial da Consellería de Traballo, están homologados pola Xunta de Galicia e subvencionados con 109.170 euros.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo presidirá o Buró Executivo da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico que se celebrará en Santiago
O Buró Executivo da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico discutirá o mércores 30 en Santiago o contido dun documento que, baixo o título de "Carta Atlántica de Desenvolvemento Urbano Sostible", obrigará ás cidades membro da CCAA a adquirir compromisos concretos fronte ao cambio climático.
ALCALDÍA
Santiago exhibirá o seu patrimonio en torno ao Camiño nunha mostra que percorrerá durante tres anos varias cidades europeas
Representantes das cidades de Avilés, Vigo, Limoges, Nantes, Bordeaux, Gijón, Rennes, Lorient, Porto e Santiago discutiron sobre as temáticas que deben formar parte da sinopse dunha exposición itinerante que a CCAA vai organizar en colaboración co Museo de Europa.