ALCALDÍA
Santiago, elixida para mostrar a súa experiencia urbana na Exposición Universal de Shanghai 2010
A cidade de Santiago foi elixida polo xurado do Comité Internacional da Expo Shanghai 2010 para participar cun espazo propio na área reservada á presentación das mellores prácticas urbanas do mundo. Así o anunciou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, unha vez coñecida a designación.
EDUCACIÓN
"Cerca", da arxentina María Natalia Colombo, faise co I Premio Internacional "Compostela" para Álbums Ilustrados
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou na Galería Sargadelos a Campaña de Animación á Lectura, que este 2008 chega á súa oitava edición baixo o título "O eco da memoria". Alí, no Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, anunciou a gañadora do I Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, que foi María Natalia Colombo, de Arxentina, polo traballo titulado Cerca.
CULTURA
Seis centros socioculturais acollen o II Ciclo "Revelando Voces"
Un total de 16 concertos de oito autores integra a segunda edición do ciclo "Revelando Voces en Compostela", que se desenvolverá nos meses de abril e maio. Á vista do éxito da primeira convocatoria de 2007, incrementouse o número de concertos e o número de escenarios, seis nesta ocasión.
COMERCIO
O Concello recoñece a cinco comercios a súa longa traxectoria de servizo á cidade
O 10 de abril celebrarase no Teatro Principal a III Gala do Comercio "Compostela Capital de Compras". No transcurso da mesma, serán homenaxeados cinco comercios composteláns pola súa traxectoria de décadas ao servizo dos clientes: Farmacia Valdés, Joyería Frade, Novedades Carmiña, Mercería Algui e Morandeira Moda.
CULTURA
O pianista Joaquín Achúcarro interpreta a Brahms xunto á Real Filharmonía de Galicia
O novo concerto de abono da Real Filharmonía, o xoves 3 de abril no Auditorio de Galicia, terá como protagonista á música de Brahms, en concreto o "Concerto para piano núm. 2", peza de especial beleza que será interpretada polo coñecido pianista Joaquín Achúcarro.