CULTURA
Todos os ámbitos da actuación cultural estarán representados no novo Consello Municipal de Cultura
As concelleiro de Cultura, Néstor Rego, anunciou os pasos que se van dar para a creación do novo Consello Municipal de Cultura. O martes 11 de marzo celebrarase a primeira reunión deste órgano "amplo, aberto e no que caberán todos os ámbitos da actuación cultural".
FUNDACIÓN GRANELL
A Fundación Granell exhibe "Maldita Europa", de Xurxo Oro, unha reflexión sobre a violencia cotiá
O mércores 12 de marzo, ás 19:30 horas, no Pazo de Bendaña, sede da Fundación Eugenio Granell, inaugúrase a mostra Maldita Europa, do artista alaricano Xurxo Oro Claro. Unha vez máis, a Fundación Eugenio Granell fai agromar a pegada do surrealismo na arte galega da man dunha mostra que estará aberta ata o 14 de maio.
TURISMO
Santiago sitúase coma o segundo destino urbano de maior crecemento en xaneiro
Segundo o INE, as 50.498 noites de aloxamento facturadas polos hoteis composteláns en xaneiro do 2008 representan un crecemento do 16,5 sobre 2007. Santiago de Compostela sitúase así coma segundo destino urbano español en crecemento porcentual e mantense noveno na clasificación absoluta.
DEPORTES
O VI Duatlón Cidade de Santiago reunirá aos mellores especialistas galegos nesta disciplina
O concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, presentou o VI Duatlón Cidade de Santiago, que se celebrará o sábado 8 de marzo nas inmediacións do Estadio Multiusos de San Lázaro. Preto de 200 deportistas participarán nesta competición, que combina carreira a pé e en bicicleta.
CULTURA
Repaso a 35 anos do cómic en Galicia
O xoves 7 de marzo, ás 20:30 horas, na sala de exposicións Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia, inaugúrase a exposición A historieta galega 1973 –2008. A montaxe presenta a obra de 50 debuxantes con 300 traballos que recollen a evolución histórica do cómic galego dende o ano 1973 ata a actualidade e que permiten entender o que aconteceu nos últimos 35 anos do cómic en Galicia.
COMERCIO
Comeza o ciclo de conferencias sobre comunicación e innovación para o pequeno comercio
O luns 10 de marzo comeza o ciclo Conferencias sobre Comunicación e Innovación para o pequeno comercio, organizadas pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Son dez charlas de balde que se desenvolverán baixo o lema Marzo, mes do Comercio. Impartidas por expertos en cada unha das temáticas que se van abordar, estarán abertas a calquera persoa interesada.