CULTURA
Visto bo ao proxecto de regulamento do Consello de Compostela Cultura
A Xunta de Goberno deu o visto bo ao proxecto de regulamento do Consello de Compostela Cultura. Unha vez que o documento sexa publicado no Boletín Oficial da Provincia, abrirase un período dun mes para formular alegacións. O regulamento aprobarase inicialmente no Pleno do xoves 27 de marzo e o obxectivo é que o Consello comece a funcionar no mes de xullo.
MEDIO AMBIENTE
Concello e Medio Rural colaborarán na limpeza das áreas de especial protección forestal
O Goberno local acordou á sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellaría do Medio Rural e o Concello de Santiago para a participación na protección de núcleos rurais. A colaboración materializarase na realización de traballos de prevención e defensa contra os incendios forestais nas áreas de especial protección.
UMAD
A UMAD desenvolve varias campañas de prevención do alcoholismo e de drogodependencias
O Goberno municipal aprobou os gastos para a realización de tres programas da Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD). Trátase da Campaña de alcoholismo xuvenil, do Programa de prevención de drogodependencias a través do adestramento en competencias sociais con adolescentes, e da obra de teatro "Pisa la raya".
MEDIO AMBIENTE
Sistema de auditoría ambiental para Parques e Xardíns
A Xunta de Goberno acordou solicitar unha axuda para a adhesión da área de Parques e Xardíns do Concello ao sistema comunitario de xestión e auditoría ambiental EMAS. Esta axuda encádrase no compromiso adquirido polo Concello coa súa adhesión á Carta de Aalborg en 2000 (Axenda 21 Local) de camiñar cada o desenvolvemento sustentable.
FESTAS
O Concello establece nun mínimo de 112.000 euros por ano a xestión dos postos feirais na Alameda
A Concellería de Festas fixou nun mínimo de 112.000 euros/ano a cantidade que deberá satisfacer aquela empresa que se queira facer cargo da explotación das atraccións e demais postos feirais durante a Ascensión e o Apóstolo.
ALCADÍA
As festas de Pascua de Padrón renden unha nova homenaxe a Santiago
Como cada ano, as festas de Pascua de Padrón homenaxearon a Santiago no día dedicado á nosa cidade. O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo e a Corporación municipal acudiron a esta vila para disfrutar cos padroneses e visitantes desta tradicional celebración.
COMERCIO
Case 100 comercios xa formalizaron a súa preinscrición no Compostela Outlet
O 11 de abril remata o prazo de preinscrición para participar en Compostela Outlet. II Feira do comercio polo miúdo, que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo no marco do programa Marzo, mes do comercio. 98 estabelecementos comerciais xa presentaron a instancia no Rexistro Xeral do Concello para acudir á feira de saldos que se celebrará no Recinto Feiral de Amio o 26 e 27 de abril.
EDUCACIÓN
Un novo concerto e un curso para pianistas na Escola Municipal de Música
Á volta da Semana Santa, a Escola Municipal de Música recupera o seu programa de actividades. Farao cun concerto con pezas de Schubert e cun Curso de técnica pianística e improvisación.
TURISMO
Santiago de Compostela, premiada en Brasil como mellor destino turístico internacional
O concelleiro de Turismo, Promoción Económica, Comercio e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, atópase na cidade de São Paulo (Brasil) para recoller o premio ao mellor destino turístico internacional que lle outorgaron a Santiago dentro do certame "Os 10 mais do Turismo de 2007". Este premio, de grande relevancia no Brasil, é convocado pola Revista Brasil Travel News e a Associaçao Brasileira de Agências de Viagens, co apoio de outras moitas entidades e institucións: ABIH São Paulo ABRAJET São...