ALCALDÍA
Un minuto de silencio en repulsa á barbarie de ETA
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración silenciosa en lembranza do empresario vasco Ignacio Uria, asasinado por ETA o mércores 3 de decembro. Nela participaron entre outros, a Corporación Municipal, o presidente da Xunta, membros do goberno autonómico e cidadáns anónimos.
ALCALDÍA
Santiago de Compostela colaborará no proxecto de mellora dun dos barrios máis marxinais de Santiago de los Caballeros
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, que se encontra na cidade dominicana de Santiago de los Caballeros para asistir aos actos de celebración do Primeiro Encontro de Santiagos de América e Europa, acudiu na mañá do mércores 3 ao Concello de Santiago de los Caballeros, onde foi recibido polo síndico, José Enrique Sued, a quen fixo entrega dun gravado de Xurxo Martiño como agasallo institucional.
FESTAS
O Nadal comeza o venres en Compostela co encendido das luces
O alumeado de Nadal chegará as rúas de Santiago este venres, día 5 de decembro. Así o anunciou en rolda de prensa o concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, que presentou a decoración que se poderá ver nas principais rúas da cidade. O acto de encendido terá lugar ás 20.00 horas na Praza do Toural.
OBRAS
Máis de 800.000 euros para mellorar e reforzar os viais do rural
O concelleiro de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, presentou esta mañá no Pazo de Raxoi as obras incluídas no Plan de Obras e Servizos (POS-2009) que a Deputación da Coruña levará a cabo en colaboración co Concello de Santiago. Dentro deste plan destinaranse 661.000 euros á mellora da pavimentación e ao reforzo do firme en varias parroquias do rural compostelán. A esta cantidade engádenselle 210.000 euros investidos enteiramente pola entidade municipal.
CULTURA
Talía Teatro leva dúas obras ás táboas do Teatro Principal
No pazo de Raxoi presentáronse as dúas pezas teatrais que a compañía Talía Teatro vai poñer en escena na vindeira semana no Teatro Principal. O luns 8 celebrarase a estrea absoluta da obra infantil e familiar 'Valentino Rufino e âkil pillabán, de viaxe a Milán (e van sen un can)', mentres que os días 9 e 10 representarán 'E ti quén vés sendo?'.
CULTURA
Máis de 35.000 espectadores acudiron ao Festival Cineuropa 2008
Logo dun intensísimo mes de cinema en Compostela rematou o Festival Cineuropa 2008, organizado pola concellaría de Cultura que dirixe Socorro García. Esta XXII edición do certame saldouse cun importantísimo éxito de público ao ascender o número de espectadores á cifra de 36.944, nos máis de 250 filmes proxectados no Festival. O incremento constátase se comparamos as cifras con edicións anteriores, pois en 2006 acudiron a Cineuropa 24.795 espectadores, mentres que en 2007, a afluencia de público quedou...
VIVENDA
Fírmanse catro convenio co Ministerio de Vivenda para obras de urbanización e rehabilitación por preto de 5 millóns e medio de euros
A concelleira de Urbanismo e Vivenda, Mercedes Rosón, asinou esta tarde na Coruña coa ministra de Vivenda, Beatriz Corredor, un convenio que se acordou na Comisión Bilateral do Plan Estatal de Vivenda e que servirá para financiar as obras de urbanización do SUNP-11 do Castiñeiriño e o SUNP-14 de Traspaxonal. Tamén se firmaron os convenios de reaxuste das anualidades (2006-2010) das áreas de rehabilitación, asinados pola concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, que se corresponden coas...