CULTURA
Concerto especial de Nadal da Banda Municipal de Música
O Teatro Principal acollerá o domingo 21, ás 12:00 horas, un concerto especial de Nadal da Banda Municipal de Música. O crebanoces, de Piotr Ilich Chaikovsqui, será a obra protagonista dunha sesión na que a narración correrá a cargo de Santi Prego.
ALCALDÍA
O Hórreo aspira a ser o balcón de Compostela
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou publicamente o anteproxecto de urbanización sobre o paso inferior do Hórreo que lle vén de presentar á secretaria de Estado de Infraestruturas, Josefina Cruz. A iniciativa, denominada "Balcón de Compostela", pretende transformar a superficie desta zona nun bulevar con mirador.
ALCALDÍA
O alcalde anima aos composteláns a patinar sobre o xeo no recinto de Amio
A pista de xeo do recinto feiral de Amio xa está aberta ao público e así permanecerá ata o 25 de xaneiro. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou esta nova edición, con amplitude de horarios e transporte público para que todos poidan gozar desta actividade.
FESTAS
Quince corais da cidade poñen voz ao Nadal
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou o certame "Corais do Nadal", que levará á praza do Toural aos máis de 400 integrantes de 15 corais da cidade. Os concertos de panxoliñas celebraranse os días 20, 21 e 23 de decembro a partir das 19:00 horas.
ALCALDÍA
O alcalde agradece o esforzo dos traballadores municipais para facer de Compostela unha cidade modélica
Os traballadores do Concello foron recibidos no Salón Nobre de Raxoi polo alcalde e polo resto da Corporación. Neste tradicional cita de Nadal, Sánchez Bugallo desexoulles a todos un bo Nadal e un venturoso 2009.
TURISMO
Turismo de Santiago e Viajes El Corte Inglés promocionarán Santiago de Compostela na Península
Turismo de Santiago e Viajes El Corte Inglés asinaron un convenio de colaboración co fin de potenciar a oferta turística de Santiago de Compostela, e a súa difusión e comercialización a través de produtos concretos, operados e distribuidos por Viajes El Corte Inglés na Península Ibérica. O convenio, que estará en vigor ata o 30 de novembro de 2009 e conta cun plan de marketing de 300.000 euros cofinanciados ao 50%, foi presentado no Pazo de Raxoi polo concelleiro de Promoción Económica e Turismo,...
CULTURA
O Concerto de Reis da Real Filharmonía de Galicia será a beneficio da Fundación Meniños
Presentouse o Concerto de Reis que a Real Filharmonía vai ofrecer o luns 5 de xaneiro ás 22:00 horas no Auditorio en favor da Fundación para a infancia Meniños. No acto interviron a concelleira de Cultura, Elvira Cienfuegos; o director da Real Filharmonía de Galicia, Maximino Zumalave; e a directora técnica da Fundación Meniños, Kucha Movilla.
CULTURA
Musical americano e canción no concerto inaugural do Festival Todo Lírica
Co Nadal chega de novo o Festival de Zarzuela de Santiago, un proxecto creado hai oito anos promovido pola Concellaría de Cultura coa colaboración da Asociación Galega da Lírica. O ciclo segue o formato das anteriores edicións e constará de tres concertos que se celebrarán no Teatro Principal.
CULTURA
"Femenine", da Companhía Paulo Ribeiro, coproducida polo Centro Coreográfico Galego, pecha SCQ Danza 2008
O Festival SCQ Danza, que ao longo de todo o ano achegou a Compostela as mellores compañías peninsulares de danza contemporánea, pecha a súa edición de 2008 con Femenine, unha creación coreográfica de Paulo Ribeiro coproducida polo Centro Coreográfico Galego. A cita é o sábado 20 de decembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.