TURISMO
Constituído o Consello Sectorial de Turismo
O Consello Sectorial de Turismo do Concello de Santiago quedou oficialmente constituído despois de que o seu regulamento se aprobase polo totalidade do pleno do Concello o 26 de xuño e se seguisen todos os trámites administrativos correspondentes. Esta entidade concíbese coma un foro no que todos os axentes vinculados co sector poidan dialogar, colaborar e asesorar na política turística municipal.
CULTURA
Presentación de 'Buzos haciendo surf, un documental sobre Surfin' Bichos' en Cineuropa 2008
Esta mañá, no Teatro Principal, presentouse o filme do compostelán Rogelio Abraldes 'Buzos haciendo surf. Un documental sobre Surfin' Bichos', que se vai proxectar en Cineuropa 2008 nas tres xornadas que restan de Festival. No acto inteviron, amais do propio autor, Paulo Rodríguez, director-xerente do Auditorio de Galicia, en representación da Concellaría de Cultura; e José Luis Losa, director de Cineuropa.
DEPORTES
O Concello de Santiago, os da comarca e a Fundación Compostela Deporte colaborarán na promoción de actividades deportivas
A Fundación Compostela Deporte e os concellos de Santiago, Ames, O Pino, Oroso, Teo e Vedra asinaron esta mañá no Pazo de Raxoi un protocolo marco para a promoción conxunta de actividades deportivas. Na firma estiveron o alcalde de Santiago e presidente da Fundación Compostela Deporte, Xosé A. Sánchez Bugallo; o concelleiro de Deportes de Santiago e vicepresidente da Fundación, Andrés Fariña, así como os alcaldes e concelleiros de Deportes de Ames, O Pino, Oroso, Teo e Vedra.
CONSUMO
As comunidades de propietarios, protagonistas dunha nova charla-coloquio organizada pola OMIC
Continúa o programa de actividades posto en marcha pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor para informar sobre os dereitos dos propietarios de inmobles. Nesta ocasión, o Centro Sociocultural e Xuvenil de Fontiñas acollerá unha charla-coloquio sobre as comunidades de propietarios. Será o martes 2 de decembro ás 20:00 horas.
URBANISMO
Santiago participa como poñente no Forum das Cidades que se celebra Montpellier
O debate coincide coa reunión anual do URBACT, onde Compostela presentará os resultados do programa SUITE obtidos ata o de agora.
ALCALDIA
O alcalde acude a un encontro de cidades do mundo que se chaman Santiago
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistirá aos actos de celebración do Primeiro Encontro de Santiagos de América e Europa, que terán lugar ao longo desta semana na cidade dominicana de Santiago de los Caballeros. Compostela está irmandada con esta cidade desde o 25 de novembro de 2005, irmandamento ratificado en xullo 2006.
TRASLACIÓN
A presidenta do Parlamento será a delegada rexia na Ofrenda da Traslación 2008
Segundo lle comunicou a Casa Real ao alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, a presidente da Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, será a delegada rexia no acto da Ofrenda de Traslación dos restos do Apóstolo, que terá lugar o martes 30 de decembro.