MULLER
Mulleres de varios puntos de España percorren o Camiño de Santiago á Costa da Morte en prol da igualdade
Varias asociacións españolas pola igualdade percorrerán o Camiño entre Santiago e Muxía entre o xoves 9 e o domingo 12 de agosto. Á fronte desta expedición está a Asociación Teense pola Igualdade. As súas integrantes foron recibidas en Raxoi pola concelleira Mercedes Rosón.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Último mes de prazo para que os comercios se presenten ao concurso de I+C
O 10 de setembro remata o prazo de presentación de proxectos para o Concurso de Imaxinación máis Comercio (I+C), organizado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Con este certame prémiase o esforzo innovador no pequeno comercio, achegando medios financieiros para que os estabelecementos comerciais poidan desenvolver estratexias personalizadas de comunicación e mercadotecnia.
CULTURA
Compostela volverá a ser en outubro a capital internacional dos monicreques
Do 1 ao 7 de outubro celebrarase en Compostela a XII edición de Galicreques, o Festival Internacional de Títeres. A celebración desta nova entrega do evento é posible grazas ao convenio de colaboración asinado entre o concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, e Jorge Rey, da Asociación Cultural Barriga Verde, polo que o Concello achegará 15.000 euros.