FESTAS
Harmonía pirotécnica e audiovisual na noite compostelá
As rúas e prazas de Compostela enchéronse con preto de 150.000 persoas na noite da véspera do Apóstolo. Todas elas puideron presenciar, dende a praza do Obradoiro e dende distintos puntos da cidade, o espectáculo de fogos, música e imaxes que serviu para dar a benvida ao día grande de Galicia.
FESTAS
O alcalde salienta no tradicional Bando do Apóstolo a gran hospitalidade dos composteláns e invita a todos a desfrutar das festas
A capital de Galicia celebra un ano máis o seu patrón, Santiago Apóstolo, no momento de iniciar un novo mandato municipal. Achegámonos ás festas coa satisfacción de ver que a nosa cidade é un punto de referencia para miles de visitantes que estes días a elixen para gozar das súas vacacións.
OFRENDA
Dolores Villarino apela á convivencia e á concordia na Ofrenda ao Apóstolo
A presidenta do Parlamento Galego, Dolores Villarino, solicitoulle ao Apóstolo o fin do terrorismo e fixo unha chamada á convivencia e á concordia como valores esenciais. Este foi dos temas de actualidade recollidos pola Delegada Rexia nunha ofrenda que tamén recordou cuestións como a violencia doméstica, a inmigración ou o futuro de Galicia.
ALCALDÍA
Isaac Díaz Pardo recibiu a Medalla de Ouro de Galicia
O Parque de San Domingos de Bonaval acolleu a entrega da Medalla de Ouro de Galicia a Isaac Díaz Pardo, "pola súa contribución á cultura galega e á defensa dos intereses de Galicia". O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, presidiu o acto, ao que tamén asistiu o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.