ALCALDÍA

Reunión coa veciñanza da Lavacolla sobre o Plan especial e investimentos no rural

07/05/2024 A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada do concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, e da concelleira de Relacións Veciñais e Rural, Pilar Lueiro, chegaron a un acordo coa veciñanza para introducir melloras no Plan especial director de ordenación e rehabilitación do Camiño francés PE-3, na zona da Lavacolla, durante unha xuntanza convocada no Pazo de Raxoi.

No transcurso da reunión achegaron posicións para incorporar as demandas da veciñanza neste documento, logo de diversas reunións previas de carácter técnico.

Ademais, informaron dos investimentos de reurbanización, saneamento e abastecemento que se executarán en colaboración con outras administracións na Lavacolla.

Compartir: