CIDADES PATRIMONIO

O presidente do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, Luis Yeray Gutiérrez, asina no Libro de Honra do Concello

26/04/2024 A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e varios membros da Corporación municipal recibiron esta mañá no Pazo de Raxoi a Luis Yeray Gutiérrez, alcalde de San Cristóbal de La Laguna e actual presidente do GCPHE, que asinou no Libro de Honra do Concello. Ambos rexedores manterán esta tarde unha xuntanza preparatoria o traspaso da presidencia do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade que asumirá Compostela a partir do próximo 1 de xullo.

O alcalde de San Cristóbal de La Laguna e actual presidente do presidente do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, Luis Yeray Gutiérrez, foi recibido por Goretti Sanmartín e os representantes dos grupos municipais María Rozas (CA), Míriam Louzao (BNG), Iago Lestegás (BNG), José Antonio Constenla (PP) e Gonzalo Muíños (PSdeG PSOE) no Salón Vermello do Pazo de Raxoi onde asinou no Libro de Honra do Concello. Luis Yeray Gutiérrez visita en Santiago no marco da xuntanza preparatoria coa alcaldesa na que tratarán o traspaso da presidencia do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade que asumirá Compostela a partir do próximo 1 de xullo.

Goretti Sanmartín recordou que Santiago xa forma parte da Executiva e exerce a vicepresidencia do Grupo desde o pasado mes de xullo. "Desde aquela levamos traballando para que se introduzan iniciativas que promovan a sustentabilidade turística e a conscienciación sobre o turismo responsable", salientou.

GCPHE

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España ten como obxectivo actuar de maneira conxunta na conservación, a posta en valor e a promoción turística das 15 cidades españolas recoñecidas pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda.

Desde o 1 de xaneiro preside o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade o alcalde de San Cristóbal de la Laguna, Luis Yeray Gutiérrez Pérez e forman parte da Asamblea de alcaldes e alcaldesas: Judith Piquet Flores, alcaldesa de Alcalá de Henares; Jesús Manuel Sánchez Cabrera, alcalde de Ávila; Pedro Javier Cabrera Rentero, alcalde de Baeza; Rafael Antonio Mateos Pizarro, alcalde de Cáceres; José Maria Bellido Roche, alcalde de Córdoba; Darío Dolz Fernández, alcalde de Cuenca; Rafael Triguero Costa, alcalde de Ibiza/Eivissa; Antonio Rodríguez Osuna, alcalde de Mérida; Carlos García Carbayo, alcalde de Salamanca; Goretti Sanmartín Rei, alcaldesa de Santiago; José Mazarías Pérez, alcalde de Segovia, Rubén Viñuales Elías, alcalde de Tarragona, Carlos Velázquez Romo, alcalde de Toledo e Antonia Olivares Martínez, alcaldesa de Úbeda.

Compartir: