TURISMO

Turismo de Santiago aposta pola internacionalización da cidade como destino de congresos

24/05/2023 Prevese que o ano 2023 sexa un gran ano para o sector, cunha reactivación plena logo do forte impacto que tivo o coronavirus que obrigou á cancelación e aprazamento de multitude de congresos e eventos.

Turismo de Santiago, a través do Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB), está participando estes días na IMEX Frankfurt, a feira profesional de turismo de reunións e incentivos, que se celebra do 23 ao 25 de maio. Trátase dun dos eventos especializados no sector de Congresos, Eventos, Xornadas e Incentivos máis importantes do mundo, con máis de 5.000 compradores profesionais e 3.500 expositores de máis de 90 países.

O obxectivo de Turismo de Santiago é continuar coa consolidación de Santiago como un destino de congresos internacional, capaz de captar non só congresos e xornadas de ámbitos español senón tamén de ámbitos de maior dimensión, co obxectivo de continuar evolucionando o modelo turístico de Santiago, dirixíndose a un segmento que aporta un alto valor engadido para a cidade, xa que o gasto medio dun participante nun congreso situouse nos 355 euros ao día en España o ano pasado, segundo os datos do Spain Convention Bureau.

A previsión é que o ano 2023 sexa un gran ano para o sector congresual da cidade, apuntalando a desestacionalización da demanda na cidade. Por exemplo, nos cinco primeiros meses do ano houbo eventos múltiples eventos que dinamizaron a demanda turística da cidade: como o oitavo Symposium internacional de Biposia Líquida, que se celebrou no mes de xaneiro; a Conferencia Mundial da Educación, no mes de febreiro; o quinto congreso Nacional da Asociacion Interim Management, en marzo; as Triséximas Xornadas de Publicidade Exterior, no mes de abril; e en maio o 50 Congreso Nacional de Dermatoloxía e Veneroloxía, con máis de 2.000 participantes e máis de 1.000 acompañantes.

O sector congresual tamén será un gran dinamizador da demanda turística da cidade tras o verán. Así por exemplo en setembro celebraranse o "Congreso da Sociedade Española de Psicofisioloxía", o "Congreso da Sociedade Española de Ortodoncia", unha reunión de ministros de traballo da Unión Europea, un cumio de ministros da Unión Europea e Latinoamérica, e unha reunión do Consello de Asuntos Económicos e Financiarios da Unión Europea.

Compartir: