DEPORTES

En marcha os Xogos do Eixo Atlántico con máis de 60 representantes composteláns

04/07/2013 O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, desprazouse ata Guimaraes para acompañar os deportistas da cidade nesta décima edición dos xogos.

Nesta décima edición dos Xogos, Santiago participa nas modalidades de baloncesto, fútbol – 7, natación, atletismo para discapacitados e voleibol. En total constitúen a expedición 66 participantes, entre adestradores e deportistas, aos que lle hai que sumar un delegado municipal, figura que asume a coordinación de todas as seleccións na cidade organizadora.

Os participantes e adestradores que representan ao Concello de Santiago nestes X Xogos do Eixo Atlántico foron seleccionados polos clubs e delegacións federativas seguintes:

NATACIÓN: Club Natación Ciudad de Santiago
ATLETISMO DISCAPACITADOS: Asociación ASPAS
VOLEIBOL: Club Voleibol Santiago
FÚTBOL: Delegación local da Federación Galega de Fútbol
BALONCESTO: Delegación local da Federación Galega de Baloncesto

O obxectivo como cidade nesta nova edición céntrase en volver a demostrar o excelente nivel humano e de comportamento que teñen os rapaces e rapazas que asumirán a responsabilidade de defender o orgullo dos nosos concidadáns. No estritamente deportivo, procuraranse acadar os resultados de pasadas edicións, dado que o esforzo e a ilusión dos seleccionados son elementos que nos garanten un gran papel na competición.

5º DÍA. Xoves 4 de xullo
- Remate dos xogos coa disputa das finais e resto de partidos para a clasificación final nas modalidades de fútbol 7, voleibol, baloncesto masculino e feminino.
- Saída de Guimaraes ás 16,00 h (15,00 hora portuguesa), despois de xantar, para chegar a Santiago (Estadio de San Lázaro) arredor das 18,30 horas.

Compartir: