MEDIO RURAL

Continúan as obras de reforzo dos firmes nas parroquias do rural

03/07/2013 Os concelleiros María Pardo, Luis Meijide e José María Rosende visitaron varias obras que se están a desenvolver ao amparo do Plan de Obras e Servizos financiado pola Deputación da Coruña.

Os tres edís desprazáronse ata as parroquias de Marrozos, Nemenzo, Eixo e Aríns para comprobar in situ a marcha dos traballos e falar cos veciños das zonas. As dúas últimas obras xa están rematadas, mentres que Marrozos está na fase final e Nemenzo, no comezo.

En resumo, no que respecta aos traballos incluídos no Plan de Obra e Servizos da Deputación provincial (POS 2012), xa están rematadas as obras de pavimentación de vías públicas en Garabal, Barral, Pereiras, Polveira e Barciela, as de reforzo do firme en Eixo de Arriba-Pereiras, M-14IV e Vilar de Outeiro, M-27AIV en Lavacolla e M-36V en Aríns. Seguen en execución as obras en Corexo (Marrozos) e en Frades (Enfesta).

Compartir: